28 feb 2018


Hoxe reunímonos para falar da lectura que nos tivo entretidos este último mes: Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr (Alfaguara).

Foi un libro que gustou moito, a pesar de que a situación que narra é dura. 

Ao longo da sesión compartimos as nosas opinións sobre o carácter e os sentimentos dos distintos personaxes; as etapas da viaxe da familia de Anna e os motivos que impulsaban o cambio de domicilio; os raros costumes amorosos en Zúrich; os momentos de tensión cando un personaxe enferma ou deixa de mandar cartas...

Todos os membros comentaron aqueles xiros na trama que lles chamaron a atención e a lectura deu pé a falar dunha época histórica complicada a nivel mundial: a II Guerra Mundial.

Falamos de Hitler, dos nazis, dos xudeus, dos campos de concentración, da inxustiza... E aproveitamos a ocasión para intercambiar recomendacións doutras lecturas ambientadas nesta época.

Quedámos, como resumo final, cunha frase de Anxo sobre a historia: "Hitler, quedándose co coello, roboulle a Anna a infancia".


  


As propostas para as seguintes sesións do clube, co obxecto de profundizar nesta época da Historia que tanto nos chamou a atención, son dúas:

- Cineforum sobre El niño con el pijama de rayas, que se levará a cabo en dúas sesións de tarde (para facilitar a asistencia de todos os membros). Esta película está baseada no éxito literario de John Boyne.

- Reconstrución da II Guerra Mundial a partir dunha liña do tempo sobre un mapamundi. O reto consistirá en ordear os acontecementos máis destacados desta contenda e ir colorando sobre un mapa as distintas fases da guerra.