26 dic 2017

OS MEGATOXOS NOS ESPERAN

A nosa nova lectura, que comezaremos este Nadal, é Os Megatoxos e o aprendiz de druida, de Anxo Farina (editorial Xerais).


Esta aventura, protagonizada por catro chicos que van ao mesmo instituto, nos levará á época na que os Celtas poboaron a nosa terra; unha época de apócemas, druídas, forzas máxicas...

Este título é o primeiro dunha saga que, ata agora, conta con seis episodios, o último recén saído do forno!

Se queredes, podedes consultar todo sobre eles e as súas aventuras pinchando na imaxe, pois Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa teñen o seu propio blogue! Mesmo podedes deixar alí os vosos comentarios sobre a lectura!

Tamén vos deixamos aquí información sobre o autor e ilustrador destes libros, Anxo Fariña, pinchando aquí! Ten moitos traballos interesantes na Literatura Infantil e Xuvenil.

20 dic 2017

COMENTANDO A PRIMEIRA LECTURA

Hoxe reunímonos na biblioteca para comentar a primeira das nosas lecturas: Una mano en la piedra.

Falamos da época na que transcurre a aventura que viven Clara e Laia, a Prehistoria; pero tamén falamos das cualidades dos distintos personaxes, da relacións entre eles e das partes que máis e que menos nos gustaron.

Compartimos merenda charlando sobre os distintos xiros que da a historia e comentando o final do libro. Non queremos desvelarvos moito por se decidides lelo tamén vosotros, pero é que nos parece que falta algo...

Algúns membros estrearon a súa libreta, na que tomaron os datos do libro e escribiron as súas opinións... Mirade que gusto da lelos! 





Que gusto da compartir momentos con vós!