17 dic 2014

AMIGOS INVISIBLES... E LECTORES!

Por petición popular, os membros do club de lectura fixemos un amigo invisible este Nadal.

Cada un de nós fixo (pois a condición era facelo e non mercalo) un agasallo para o su amigo invisible. Cantas sorpresas! Canto artista hai solto por este cole!

Tamén tivemos unha sorpresa para todos: uns marcadores co logotipo do noso club!

Chicos e chicas, sodes estupendos!

Ángela e Tania

Marta e Desi

Rubén, Carmen e Álex

María e Nara

Vicky e Claudia

UNHA REUNIÓN CHEA DE VALORES

Os membros do club de lectura reunímonos hoxe para comentar a lectura Nata y chocolate.

O libro encantou a todos e deu moito que falar... As situacións vividas polos personaxes fixeron reflexionar sobre o respecto, a amizade, a tolerancia, a empatía, a personalidade, a autoestima...

Todos e cada un de nós captamos a esencia deste título e choramos un pouquiño ao poñernos na pel de Sonia... que duro ten que ser!

Animamos a todos os nenos e nenas a que lean este libro e a que, coma nós, se emocionen con el.

Ademais, houbo unha pequena sorpresa para todos: nata e chocolate para merendar :)


12 nov 2014

PRIMEIRA REUNIÓN, PRIMEIRO TÍTULO E PRIMEIRA MERENDA

Pois iso, que hoxe nos reunimos por primeira vez no Club de lectura OS COMPARTELECTURAS.
Este ano somos 15, contando coa profe Carmen e a profe Irene. 
Gustouvos o agasallo de benvida? esperamos que lle dedes uso ao longo das nosas lecturas compartidas :)

Deixámosvos aquí algo de información sobre o libro que temos entre manos... Premede na imaxe para vela!


Gracias pola vosa ilusión 

4 nov 2014

LISTOS PARA COMEZAR DE NOVO!

Xa temos todo listo para comezar o Club de lectura deste curso... había moitas ganas!
Seremos quince membros, entre alumnos de 5º e 6º.
O plan de lecturas para este curso é o seguinte:
 Queremos dar as gracias ao C.E.I.P. Bouza Brey, de Ponteareas (e especialmente á súa bibliotecaria Flor) polo empréstito de varios lotes de libros, sen os cales non sería posible esta andanza literaria.

12 jun 2014

CITA FINAL

A despedida foi agridulce. 
Depois de falar sobre o último libro deste curso Se vende mamá, merendamos todos xuntos e compartimos valoracións sobre o Clube.
Foi un auténtico pracer, pola nosa parte, adicarvos tempo e esforzo e, polo que podemos ler nas vosas dedicatorias, tamén o foi para vós.



Gracias chicos por tantos momentos especiais. Bo verán e felices lecturas!
Agardamos que o vindeiro curso volvades chamar á porta do Clube :)

20 may 2014

NOVA E DERRADEIRA LECTURA

Esta vai ser a nosa derradeira lectura... Que pena vai darnos a despedida!

Entre todas as opcións que se presentaron, eliximos Se vende mamá, escrito por Care Santos e ilustrado por Andrés Guerrero (S.M.).

Arrancamos este xoves!

Aseguramos as risas e o bo humor :)


10 abr 2014

A MANSIÓN DOS PAMPÍN

 

A lectura, esta vez, foi unha banda deseñada: A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado (publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Despois de repartir o os libros, tomamos biscoito de chocolate!

Como nos gusta ser do Club!






31 mar 2014

SEGUNDA PISTA

O libro foi un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do Proxecto Terra.

Se o libro tivera son, moitas páxinas soarían así (preme na imaxe para escoitalo):

http://sonidosmp3gratis.com/sounds/city-traffic-1.mp3
A tía do protagosnista chámase como unha profe do cole que se xubilou hai catro anos.

25 mar 2014

PRIMEIRA PISTA

A súa signatura é...

82C-G
PRA
man


O autor é homónomo dun arquitecto, escultor e pintor italiano renacentista.

11 mar 2014

XA TEMOS NOME E LOGO!

Ola a todos e todas!

Somos os membros do Club de Lectura do C.E.I.P. Serra Vincios e este é o noso novo Blog.

Despois de ler Os Megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña, a profe Irene propuxo na reunión crear o noso propio logo, un que nos identificase como grupo (pois os Megatoxos teñen un).

 
Puxémonos rápidamente mans a obra e, de entre todas as propostas, votamos a que máis nos gustou. 

O gañador foi este, deseñado por Mar Novoa, de 5º.



Mar, a alumna que deseñou o logotipo gañador.
Para rematar esta lectura, cada un fixo unha chapa co logo. Moitas gracias ao C.E.I.P. Humberto Juanes por emprestarnos a máquina para esta actividade.

Agora xa somos un verdadeiro Club!

Membros do Club coas chapas que fixeron